“Tui capital do Camiño Portugués” ofrece diversas actividades arredor do Día de Santiago Apóstolo
A festividade do apóstolo Santiago, este venres 25 de xullo, centra as actividades que o Concello de Tui organiza esta semana reivindicando o papel que a cidade de Tui desenvolve como “capital do Camiño Portugués a Santiago” que están a percorrer numerosos peregrinos nestas datas finais de xullo.
O Concello de Tui organiza nestas xornadas catro actividades que reivindican a condición xacobea da nosa cidade, a súa tradicional hospitalidade na acollida aos peregrinos así como a súa vocación cultural cunha oferta ampla e diversificada de actividades ao longo do ano-





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.