Tui afronta 2025 cunhas perspectivas turísticas moi positivas
Tui afronta este ano 2025 cunhas perspectivas turísticas moi positivas tras o bos datos rexistrados ao longo de 2024, e o notable incremento de consultas na Oficina Municipal de Turismo no mes de xaneiro.
En concreto este punto de información turístico rexistrou en xaneiro un 63% máis de afluencia en comparación co mesmo mes de 2024. Este crecemento significativo reforza a proxección da cidade como un destino turístico en auxe, e reforza as boas expectativas do sector para este ano.




