Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui celebra as Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego

Undefined

Tui celebra este domingo o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada. Este ano contará cunha decena de postos de venda de libros a cargo da Libraría Nobel Espazo Lector de Tui e cun amplo programa de actividades ao longo da xornada.

Ás 12.00 h terá lugar a lectura do pregón a cargo da poeta de Valença e animadora de diversos clubs de lectura da zona do Minho, María José Areal.

O Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da obra “Tres porquiños” do grupo Xuntanza

Undefined

Mañá venres, 15 de maio, ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da obra de teatro amador “Tres porquiños” do grupo de teatro Chirlomirlo da asociación cultural Xuntanza de Randufe. Esta obra estaba prevista para o pasado mes de abril dentro da programación da Semana de Teatro Amador das Festas de San Telmo, pero tivo que ser adiada.

Até o 5 de xuño pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán

Undefined

Até o venres, 5 de xuño, pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán tanto en espazos privados coma públicos. Nun bando da alcaldía infórmase das normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas.

O Concello de Tui recibe a doazón de varias cartas de Francisco Rodríguez Otero “Paquiño de Figueiró”

Undefined

O historiador Bieito Alonso vén de facer entrega esta mañá ao Concello de Tui dun conxunto de cartas escritas por Francisco Rodríguez Otero dirixidas á súa familia. Esta colección epistolar de Francisco Rodríguez Otero, dirixente político no Baixo Miño e paseado en outubro de 1936, dende a prisión no Seminario de Tui, será depositada no Arquivo Municipal tudense.

Un obradoiro da ilustradora Aida Alonso abre a programación de Tui en Letras

Undefined

O próximo mércores 6 de maio, ás 17.30 h, comeza a programación de Tui en Letras 2026 co obradoiro “Cal é o teu libro favorito?”, impartido pola ilustradora afincada en Tui Aida Alonso. Será na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez. 

Este obradoiro vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, e consistirá en elaborar pequenos personaxes lectores con papel. Serán figuras tridimensionais, que reflectirán cales foron as lecturas preferidas dos e das participantes, buscando así reflexionar cos pequenos e pequenas da casa sobre os mundos que descobren a través dos libros.

A Biblioteca Municipal de Tui incrementa a calidade dos seus servizos

Undefined

Hoxe, 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, vén de presentar diversas melloras realizadas na Biblioteca Municipal tudense co obxectivo de incrementar a calidade do seus servizos.

Así por unha parte o Concello procedeu á renovación do equipamento informático de uso público con tres novos ordenadores de sobremesa e tres portátiles á disposición dos usuarios da Biblioteca.

Presentación Play Doc 2026, Festival Internacional de Cine de Tui

Undefined

Mañá xoves, 23 de abril, ás 11 h, no edificio Francisco Sánchez, terá lugar a presentación de Play Doc 2026, o Festival Internacional de Cine de Tui que se vai celebrar do mércores, 29 de abril ao domingo 3 de maio na cidade. 

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais, Roberto Álvarez Carrero, a responsable da programación da sección Galicia, Beli Martínez, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura