A próxima semana celébrase en Tui o I Festival da Cultura Tradicional e Folk
Tui acolle a semana que vén o I Festival da Cultura Tradicional e Folk.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Tui acolle a semana que vén o I Festival da Cultura Tradicional e Folk.
Mañá venres, 25 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, realizarase a presentación do I Festival da Cultura Tradicional e Folk. Este evento, organizado pola da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, se celebrará do 1 ao 4 de xullo.
O Concello de Tui, a través da súa concellaría de cultura, conmemorará esta semana o CXXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.
Este venres, 18 de xullo, ás 20.15 h no Palco da Música do Paseo da Corredoira actuará o alumnado do grupo de clarinetes do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui, dirixidos polo profesor Esteban Alonso Ubiña. Con diferentes formación, tríos, cuartetos, sextetos e ata nove intérpretes, ofrecerán composición de música clásica, pop, BSO, jazz e música galega.
Mañá venres, 11 de xuño, ás 19.30 h na no Paseo da Corredoira, na zona do Palco da Música, terá lugar o segundo concerto do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui dentro do ciclo de concerto na rúa previstos neste mes de xuño e na primeira quincena de xullo. Colabora nesta iniciativa a concellería de Cultura do Concello de Tui.
O Consello Internacional de Arquivos (ICA) promove anualmente a celebración do Día Internacional dos Arquivos o 9 de xuño, con ocasión da devandita celebración, do luns 7 ao venres 11 de xuño, ten lugar a terceira Semana Internacional dos Arquivos, cuxo lema central achegado polo Consello Internacional de Arquivos (ICA) é: Empoderar os Arquivos, convidando aos centros arquivísticos a realizar actividades ao longo desa semana coa finalidade de dar a coñecer pola cidadanía a documentación que conservan estes centros e como se traballa nos mesmos.
O Concello de Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar mañá 5 de xuño, cun programa de actividades que comezou hoxe venres e se vai desenvolver até o sábado 19 deste mes. No mesmo colaboran as concellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Educación.
Por unha parte nos colexios do municipio realízase o obradoiro escolar “Xardín Infinito” consistente en construír un sistema illado simulando un ecosistema en miniatura para observar o proceso da fotosíntese, respiración e ciclos da auga.
Hai moitas formas de ver o mar e todas elas teñen presenza na literatura galega aínda que con formas desiguais. Esta é unha das ideas que se abordaron no Parladoiro “Galicia navegante no imaxinario literario” que se desenvolveu esta tarde en Tui da man dos escritores Víctor Freixanes e Pemón Bouzas, con Ramón Nicolás como moderador. A cita era unha da actividades complementarias da exposición “Inventio mundi” que se pode ver nesta mesma localidade ata o 9 de xuño e que documenta unha parte descoñecida da historia da navegación galega.
A música soará nas rúas de Tui os venres do mes de xuño e na primeira quincena de xullo da man do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tui.
Con concertos e actividades, a realizar en horario de tarde, amosarán á poboación os froitos do traballo realizado ao longo deste curso 2020/21, que estivo marcado polas restricións derivadas da pandemia da covid 19.
A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle mañá mércores, 2 de xuño, ás 20 h o parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario”. No mesmo participarán os escritores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás.
Esta actividade complementa a mostra “Inventio Mundi” que até o próximo mércores, 9 de xuño, se pode visitar na mesma Sala Municipal.