Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A Biblioteca Municipal de Tui recibe axudas da Xunta para mellorar a súa colección bibliográfica

Undefined

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ten comunicado a resolución das axudas convocadas para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Municipal de Tui recibirá achegas nas dúas liñas de axudas convocadas.

Chega a Tui a exposición “Río Miño: memorias transfronteirizas”

Undefined

Dende hoxe e até o 7 de agosto pode visitarse no anexo á Sala de Exposicións na Área Panorámica a mostra “Río Miño: memorias transfronteirizas”. A exposición está producida pola AECT Rio Minho e a CIM Alto Minho ao abeiro do programa SmartMinho financiado polo fondo europeo Interreg. Estará en Tui ata o vindeiro sete de agosto.

Tui presenta unha programación “segura” e comprometida coa cultura este verán

Undefined

“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende  o mércores 15 de xullo.

Mañá venres preséntase a programación cultural do verán

Undefined

Mañá venres, 10 de xullo, ás 11.30  h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do verán que se vai desenvolver dende o próximo mércores día 15 en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente.

O Concello de Tui instalou un fío musical para apoiar a actividade comercial nas rúas do centro urbano

Undefined

As rúas do centro urbano tudense contan dende esta fin de semana con fío musical instalado polo Concello de Tui. A música ambiente soa de 10.30 h a 14 h e de 16.30 a 21 h, salvo as fins de semana que comezará ás 11.30 h. Deste xeito quérese apoiar a actividade comercial durante a época estival.

O novo pavillón municipal de Tui acollerá a próxima semana as probas da ABAU para o alumnado do Baixo Miño

Undefined

A próxima semana, o martes 7, mércores 8 e xoves 9 de xullo, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acollerá aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda, do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño,  do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, para a realización das probas da ABAU.

Mañá inaugúrase a exposición antolóxica de Darío Álvarez Gándara “Amenceu outra vez”.

Undefined

Mañá martes, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar a inauguración da exposición antolóxica de pintura do médico tudense Darío Álvarez Gándara (1936-2015)  “Amenceu outra vez”. Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura