Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O concello de Tui ven de implantar unha rede WiFi municipal no marco do programa europeo WiFi4EU. Grazas a esta iniciativa contan con cobertura wifi gratuíta a praza do Concello, as rúas Porta da Pía, Bispo Castañón, Calvo Sotelo e o Paseo da Corredoira.
O proxecto presentado polo Concello de Tui para cubrir un tramo da vía férrea no centro urbano é viable tecnicamente. Así llo vén de confirmar o ADIF ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense sinala que se trata dunha “obra estratéxica para Tui” xa que “nos permitiría desdobrar unha zona de tráfico bastante intensa coma é o primeiro tramo da rúa Colón”. O investimento estimado é de 15 millóns de euros.
O Teatro Municipal de Tui acolleu hoxe a presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença. O evento estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira.
Esta mañá tivo lugar o acto inaugural do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, na rúa Olímpicos Tudenses, tras a obras de reforma acometidas ao longo dos últimos meses.
O Teatro Municipal de Tui acollerá este mércores, 21 de setembro, ás 12.30 h, a presentación pública da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença, coincidindo co Día da Cooperación Europea. O evento estará presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, asistindo diversos axentes públicos, privados e do terceiro sector que durante os últimos meses participaron na elaboración da Estratexia. Durante o acto, o equipo consultor encargado da elaboración da Estratexia debullará os resultados obtidos.
Vinte directos doutras tantas bandas e artistas están programados no encontro profesional de músicas MUMI 2022, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro en Tui e Valença. Dez nomes de Galicia e outros dez de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.
O próximo luns, 19 de setembro, ás 11:30 horas, presentarase a programación oficial do MUMI 2022 - III Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. O acto terá lugar na Pousada de San Teotonio na Fortaleza Municipal de Valença, e contará coa participación de:
Este sábado, 17 de setembro, celébrase o 51º Descenso Internacional do Miño con 450 participantes pertencentes a 39 clubs galegos, doutros puntos de España, de Portugal, Arxentina e Uruguai.
A deste ano é unha edición especial xa que pospuxo a súa data de celebración, tradicionalmente en agosto, a este mes de setembro debido ás obras no Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, que será inaugurado o próximo mércores.
A Eurocidade Tui-Valença converteuse hoxe na capital europea da mobilidade conectada coa presentación do proxecto 5G-Mobix. Así o destacou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen sinalou o idóneo deste territorio para acoller esta presentación tendo en conta que é o lugar de maior tránsito transfronteirizo da península, e que une dous polos de gran actividade coma é a franxa atlántica de Galicia e o norte de Portugal.