O Concello de Tui entrega a Protección Civil de Tui unha motocicleta
A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Tui vén de incrementar o seu parque móbil cunha scooter 150 entregada hai uns días polo Concello a este colectivo.
Esta motocicleta formaba parte dos vehículos da Policía Local, pero quedara en desuso coa incorporación de novos vehículos a este corpo. Por este motivo dende o concello decidiuse realizar a posta a punto da motocicleta e rotulala para poder ser empregada polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, que contarán así cun vehículo para desprazamentos curtos nas súas intervencións.





