Convocatoria Sesión Plenaria 6/2021
Convocatoria da sesión 6/2021 de pleno ordinario da corporación municipal de Tui a celebrar o xoves, 25 de novembro de 2021
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria da sesión 6/2021 de pleno ordinario da corporación municipal de Tui a celebrar o xoves, 25 de novembro de 2021
A continuación poderá seguirse en director a conferencia de Dámaso Rodríguez Costas, autor de "Ruta jacobea, camino y leyenda" no Foro do Camiño de Santiago que organiza o concello de Tui.
A conferencia comezará o martes, 23 de novembro, ás 19 h.
A Mesa Local do Camiño reuniuse o pasado martes 16 de novembro na Casa do Concello de Tui, nunha xuntanza presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e na que participaron os representantes dos distintos sectores – aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. Tamén estivo presente un representante de Turismo de Galicia, neste caso Ildefonso de la Campa, director de Administración do Xacobeo.
O próximo luns, 15 de novembro, comezarán as catas na travesía de San Domingos para valorar a presenza de restos arqueolóxicos neste vial, así coma para avaliar o impacto que as obras previstas de renovación de instalacións e servizos poderían ter.
O Concello de Tui está a traballar na modificación da ordenanza do lixo. Para iso está a reunir toda a información necesaria para poder realizar un estudo rigoroso que permita abordar a modificación desta taxa.
O estudo realizado por unha empresa externa a solicitude do que naquel momento era concelleiro encargado de Turismo Laureano Alonso, presenta deficiencias importantes nas súas conclusións, segundo explican dende o equipo de goberno.
Tui está entre o centenar de municipios españois, e os catro da provincia de Pontevedra, que van recibir unha axuda do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española.
Este domingo, 14 de novembro, sairán catro autobuses do Baixo Miño con veciños e veciñas de Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrará a partir das 12 h en Santiago de Compostela.
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño pon a disposición da veciñanza este transporte gratuíto para facilitar aos veciños e veciñas dos catro concellos o desprazamento ata o punto de saída da manifestación.
Preto de 300 persoas teñen participado nas últimas semanas nas actividades organizadas polo Concello de Tui con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto.
O pasado 7 de outubro, coincidindo co 450 aniversario da batalla de Lepanto (entre as tropas da Liga Santa e do Imperio otomán), o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentaba o programa de actividades que o Concello tudense ía desenvolver para conmemorar esta efeméride e a súa representación o retablo de Nosa Señora do Rosario na Igrexa tudense de San Domingos.
O Concello de Tui vai acometer a humanización das rúas Antero Rubín e Coengo Valiño cun investimento de 897.252,63 € dos que a Deputación achegará 717.802,10 € a través do programa REACPON.
O pasado sábado o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantivo un encontro na casa do concello de Tui cun grupo de xornalistas e touroperadores que visitaron a cidade dentro dunha viaxe de familiarización co Camiño Portugués organizado por Fairway, o IV forum do Camiño de Santiago que se desenvolve estes días en Santiago de Compostela. “O principal obxectivo destas actividades é dar visibilidade aos Roteiros Xacobeos e os seus variados recursos turísticos, ademais de promocionar o IV Fórum do Camiño de Santiago”, explican desde a organización.