Máis de 60 actores de seis grupos actuarán na IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo
Por noveno ano consecutivo coincidindo coas festas de San Telmo celébrase a Semana do Teatro Afeccionado na que os 60 actores dos seis grupos participantes serán os responsables cada tarde de levar a escena distintas obras teatrais, nunha aposta pola teatro amador que ten colleitado unha gran acollida por parte do público. Así o destacou esta mañá na presentación desta iniciativa a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, que compareceu xunto aos representantes dos seis grupos que actuarán este ano do 17 ao 22 de abril.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.