Festa do Miño
A programación do verán pécharase o sábado 19 coa celebración da XI Festa do Miño. Comezará ao mediodía na ribeira de Caldelas coa Romaría Popular. Ás 16.30 h sairá o Descenso Popular dende a ribeira de Caldelas e ás 18.30 h dende Salvaterra de Miño do Descenso Internacional do Miño. A entrega de premios será ás 20 h na rúa Olímpicos Tudenses.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.