V Encontro de Viños da Raia
A praza da Inmaculada acollerá o sábado 4 e o domingo 5 de abril o V Encontro de Viños da Raia.
Adegas participantes:
Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.
A praza da Inmaculada acollerá o sábado 4 e o domingo 5 de abril o V Encontro de Viños da Raia.
Adegas participantes:
O Concello de Tui consolida a súa aposta polas producións vitivinícolas de pequenos produtores, caracterizadas polo coidado da terra, e por produtos diferenciados, de calidade e únicos, representativos deste territorio situado nas dúas beiras do Miño. Será no V Encontro de Viños da Raia, que se vai celebrar na primeira fin de semana das festas patronais de San Telmo, o sábado 4 e o domingo 5 de abril. Este evento converterase nun magnífico escaparate para estes viños e espumosos.
Mañá mércores, 25 de marzo, ás 13 h, na praza da Inmaculada terá lugar a presentación do V Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar dentro da programación das festas de San Telmo o sábado 4 e o domingo 5 de abril.
Participarán na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e os produtores e produtoras que cos seus viños e espumosos acudirán a este evento.
A presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, será á pregoeira das Festas de San Telmo deste ano 2026. A lectura do pregón, marcará o inicio oficial dos festexos o próximo sábado, 4 de abril, ás 12.45 h, na praza da Inmaculada.
Coincidindo co 800 aniversario da súa consagración a Catedral de Tui verá mellorada a súa imaxe nocturna grazas á renovación da súa iluminación artística que pasará a ser máis eficiente. A obra comezará esta mesma semana logo de ser adxudicada por Galicia Suroeste. Suporá un investimento de 176 mil euros que serán financiados nun 80% con fondos do PSTD “A Despensa de Galicia” e nun 20% polo Concello de Tui.
O Concello de Tui avanza na recuperación e posta en valor das marxes do río Miño, continuando a liña de traballo iniciada nos últimos anos. Co obxectivo de completar a senda peonil na ribeira do Miño en todo o termo municipal afronta agora o proxecto do tramo entre a vella Ponte Internacional e Areas até o límite co termo municipal de Tomiño.
Os venres de marzo chegarán cheos de sabor a Tui grazas á ruta gastronómica Tú-y D’Tapas, promovida por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.
Dezaoito locais ofertarán ao longo dos catro venres do mes marzo, os días 6, 13, 20 e 27, de 19 a 23 h unha tapa ao prezo de 2,5€.
O Concello de Tui presentou por primeira vez unha campaña turística propia, “Tui, Catedral de Historias”, no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR. Fíxoo por partida dobre, no estand de Galicia e na sala de presentacións de Turespaña.
Mañá xoves, 22 de xaneiro, ás 12.00 h no Centro Sefarad-Israel en Madrid será inaugurada a mostra “Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia” por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o director Xeral do Centro Sefarad-Isarel, José Thomas Lozano.
O Concello de Tui presentou hoxe en FITUR, en Madrid, “Tui, Catedral de Historias” coa que promociona o 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Un acontecemento ao que Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, se referiu coma “de especial relevancia histórica, patrimonial e simbólica, pero tamén unha gran oportunidade dende o punto de vista turístico e económico”.