Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Tui celebrou as Letras Galegas con libros, música e contos

Undefined

Tui celebrou onte o Día das Letras Galegas con libros, música e contos nunha xornada cun marcado carácter festivo entorno ás nosas letras e a nosa literatura na praza da Inmaculada. Aquí se celebrou a XXVII Feira do Libro Galego na que máis de 540 títulos de libros en galego tomaron os andeis dos dez postos da libraría Espazo Lector Nóbel, que rexistrou un importante volume de vendas.  As últimas novidades editoriais coma  Arantxa Portabales, Ledicia Costas, Llerena Perezo, Pedro Feijoo, ou Samuel Ferro que estivo asinando exemplares do novo seu libro ao longo da xornada.

O Concello de Tui recibe a doazón dun traxe tradicional tudense de home

Undefined

O Concello de Tui vén de recibir a doazón dun traxe tradicional tudense de home. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, recibiron a doazón de María Pilar González Pereira, que entregou ao concello a chaqueta, a camisa, o chaleco, os calzóns, o pantalón, os zapatos con medias, o broche e o gorro  do seu irmán falecido Francisco Javier González Pereira.

O luns abre o prazo de solicitude de praza para o Campamento de Verán do Concello de Tui

Undefined

 O próximo luns, 18 de maio, abre o prazo de solicitude de praza para o Campamento de Verán 2026 organizado polo Concello de Tui co obxectivo de ofrecer unha alternativa lúdica, deportiva e educativa aos nenos e nenas de 3 a 12 anos, e por outra parte facilitar as familias unha opción de conciliación.

O campamento celebrarase en instalacións municipais e en espazos naturais durante os meses de xullo e agosto cun total de 560 prazas distribuídas en catro quendas de 140 prazas cada unha.

Tui celebra as Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego

Undefined

Tui celebra este domingo o Día das Letras Galegas coa XXVII Feira do Libro Galego na praza da Inmaculada. Este ano contará cunha decena de postos de venda de libros a cargo da Libraría Nobel Espazo Lector de Tui e cun amplo programa de actividades ao longo da xornada.

Ás 12.00 h terá lugar a lectura do pregón a cargo da poeta de Valença e animadora de diversos clubs de lectura da zona do Minho, María José Areal.

O Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da obra “Tres porquiños” do grupo Xuntanza

Undefined

Mañá venres, 15 de maio, ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea da obra de teatro amador “Tres porquiños” do grupo de teatro Chirlomirlo da asociación cultural Xuntanza de Randufe. Esta obra estaba prevista para o pasado mes de abril dentro da programación da Semana de Teatro Amador das Festas de San Telmo, pero tivo que ser adiada.

Até o 5 de xuño pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán

Undefined

Até o venres, 5 de xuño, pódense presentar as solicitudes para a realización das fogueiras de San Xoán tanto en espazos privados coma públicos. Nun bando da alcaldía infórmase das normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas.

O Concello de Tui recibe a doazón de varias cartas de Francisco Rodríguez Otero “Paquiño de Figueiró”

Undefined

O historiador Bieito Alonso vén de facer entrega esta mañá ao Concello de Tui dun conxunto de cartas escritas por Francisco Rodríguez Otero dirixidas á súa familia. Esta colección epistolar de Francisco Rodríguez Otero, dirixente político no Baixo Miño e paseado en outubro de 1936, dende a prisión no Seminario de Tui, será depositada no Arquivo Municipal tudense.

Un obradoiro da ilustradora Aida Alonso abre a programación de Tui en Letras

Undefined

O próximo mércores 6 de maio, ás 17.30 h, comeza a programación de Tui en Letras 2026 co obradoiro “Cal é o teu libro favorito?”, impartido pola ilustradora afincada en Tui Aida Alonso. Será na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez. 

Este obradoiro vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, e consistirá en elaborar pequenos personaxes lectores con papel. Serán figuras tridimensionais, que reflectirán cales foron as lecturas preferidas dos e das participantes, buscando así reflexionar cos pequenos e pequenas da casa sobre os mundos que descobren a través dos libros.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura