O talento teatral tudense sae a escena nas Festas de San Telmo
O teatro ten un oco propio na programación das Festas de San Telmo nunha cita consolidada que cada ano ateiga o patio de butacas do Teatro Municipal de Tui. Trátase da Semana do Teatro Amador na que os grupos de teatro afeccionado das distintas parroquias tudenses levan as súas obras da temporada a escena na semana grande dos festexos tudenses. Nos últimos anos os distintos grupos adoitan estrear as novas obras precisamente durante esta semana, e así acontecerá de novo neste 2026. Todas apostan polo humor representando comedias da autoría da propia agrupación.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.