Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

A Igrexa de San Domingos centra a nova visita guiada do programa “Coñece o noso patrimonio”

Undefined

Este mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h terá lugar a visita “San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” a cargo de José Ramón Fernández Fernández, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e acreditado especialista no patrimonio tudense.

Esta actividade forma parte do programa de visitas guiadas a diversos elementos patrimoniais da cidade “Coñece o noso patrimonio” organizada polo Instituto de Estudios Tudenses co obxectivo de facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses.

A Igrexa de San Domingos, o exterior da Catedral, o barrio de Riomuíños e as Murallas centrarán as visitas guiadas do mes de agosto

Undefined

A próxima semana proseguen as visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

O obxectivo desta actividade é  realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais da man persoas especialista en distintas ámbitos e pertencentes ao Instituto de Estudos Tudenses.

Tui recuperará a senda do río Caselas pondo en valor este espazo natural e patrimonial

Undefined

O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio.  Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.

Para iso o Concello de Tui asinou un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, para o financiamento, execución e entrega das obras de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas en Tui.

Tui da a coñecer o seu patrimonio con visitas guiadas conducidas por especialistas

Undefined

Realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais a través de percorridos guiados dirixidos por especialistas é o obxectivo do programa de visitas “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración da Concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

Dende este xoves, 27 de xullo, e até o 25 de agosto desenvolveranse un total de cinco visitas a diversos elementos patrimoniais da nosa cidade.

Tui consolídase coma un dos primeiros puntos de inicio do Camiño de Santiago

Undefined

A cidade de Tui consolida o seu papel protagonista no Camiño de Santiago neste ano 2023. Segundo os datos aportados polo Centro Internacional de Acollida ao Peregrino da Catedral de Santiago ata o pasado 15 de xullo as rutas xacobeas acolleron a un total de 205.950 peregrinos. Os camiños portugueses foron realizados por 66.531 peregrinos, dos que 43.444 optaron polo Camiño Portugués e 23.087 polo Camiño Portugués da Costa. O maior número de peregrinos e peregrinas no que vai ano, 102.333 persoas, practicamente a metade do total, realizaron o Camiño Francés.

Máis de 3.300 persoas demandaron información en maio na Oficina de Turismo de Tui

Undefined

Ao longo do mes de maio a Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu a 3.357 persoas das que 2.019 eran turistas e 1.338 eran peregrinos e peregrinas.

Esta cifra supón un incremento de 644 persoas con respecto ao mesmo período de 2022. O turismo é maioritariamente nacional, mentres que a orixe das persoas que realizan o Camiño Portugués é principalmente internacional.

A Oficina de Turismo recibiu en abril máis de 3.300 visitantes, un 17% máis que o pasado ano

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de abril deste ano 2023 un total de 3.363 visitantes, o que supón un incremento do 17,8% con respecto aos datos do pasado.

No desglose de cifras, en total foron atendidos 2.319 turistas dos que 133 eran de procedencia internacional. Portugal encabeza esa listaxe con 47 visitantes o pasado mes de abril, seguida de Francia (13), Estados Unidos (12), Arxentina (10), Alemaña (8), México (7) e Cuba (6).

Case 230 peregrinos e peregrinas pasaron na fin de semana pola Oficina Municipal de Turismo

Undefined

Un total de 229 peregrinos e peregrinas pasaron durante a fin de semana, entre o venres 31 de marzo e o domingo  2 de abril, pola Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui. Esta cifra supón un incremento do 12,5% con respecto aos números do pasado ano. Nestes días de inicio do período da Semana Santa achegáronse na procura de información a esta Oficina de Turismo tudense un total de 58 peregrinos e peregrinas internacionais procedentes de ata trece países de catro continentes.

A mesa do Camiño Portugués en Tui reuniuse onte para abordar os retos actuais

Undefined

Na tarde de onte tivo lugar unha nova sesión da Mesa do Camiño Portugués en Tui. Nela participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias, o director de Xestión do Xacobeo da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa, así como representantes da hostalería, a restauración, as asociacións de amigos do Camiño de Santiago e da Igrexa.

Pages

Subscribe to RSS - Turismo