O salón de sesións conta con novo sistema de megafonía grazas ao reinvestimento dunha baixa do Plan Concellos
O salón de sesións da casa do concello conta cun novo sistema de megafonía co que se mellorou a sonorización deste espazo. A adquisición deste novo equipamento, cun investimento de 6.509,80€, IVE incluído, de fíxose con cargo á baixa na adxudicación no Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019 da Deputación Provincial de Pontevedra do investimento "Elaboración de Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do Concello de Tui". PC 2018-2019/Anualidade 2018.- ".





