Tui conmemora o 350 aniversario da publicación do “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”
O próximo luns, 12 de abril, festivo local en Tui, vai conmemorar o 350 aniversario da publicación da obra “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O próximo luns, 12 de abril, festivo local en Tui, vai conmemorar o 350 aniversario da publicación da obra “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”.
O próximo luns, 12 de abril, ás 13 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar a Gala de entrega dos premios Cidade de Tui. Creáronse este ano co obxectivo de recoñecer anualmente aquelas personalidades ou entidades que pola súa dilatada traxectoria teñen contribuído á promoción e potenciación da nosa cidade.
Nesta primeira edición, correspondente ao ano 2021, o xurado designado pola Xunta de Goberno Local tudense acordou conceder os seguintes premios:
O persoal que traballa dende a nave municipal de Guillarei, no Concello de Tui, vén de ver mellorado este espazo tras un investimento de máis de 60.200 euros que serviu para realizar un acondicionamento interior e a reforma integral dos vestiarios-aseos. As obras foron visitadas hoxe polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, acompañados do deputado de Cooperación, Santos Héctor.
O Concello de Tui presentou esta mañá o programa de actividades de San Telmo a celebrar dende o mércores 7 de abril até o luns 12 de abril, festividade de San Telmo e festivo local en Tui..
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, foron os encargados de dar a coñecer a programación elaborada.
Mañá mércores, 31 de marzo, ás 11 h no salón de sesións da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do programa de actividades de San Telmo organizado polo Concello de Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
A Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) vén de adquirir os terreos precisos para a construción dunha planta frigorífica e centro de I+D no Parque Empresarial de Areas, en Tui. Suporá un investimento de 6 millóns de euros e a creación de 30 postos de traballo. Estará plenamente operativa en 2022.
Este xoves 25 de marzo, ás 12.00 horas na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, realizará unha visita institucional xuntamente co presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Rodríguez Lopes, á exposición “135 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño” no aniversario da inauguración en 1886 desta ponte internacional.
Mañá xoves, 25 de marzo, ás 11 h, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o deputado provincial, Santos Héctor, e o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, visitarán as obras realizadas nos vestiarios de operarios da nave municipal de Guillarei, dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Convocatoria sesión nº 2/2021 de pleno ordinario do xoves, 25 de marzo de 2021 ás 20 h
O Concello de Tui continúa a avanzar na tramitación de cara á apertura da rúa Ourense en sentido norte co que poder completar o vial dende a Avenida da Concordia até a rúa Maristas, e dende aí enlazar co actual traxecto até a rúa Colón.