Comparecencia de prensa
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, comparecerá hoxe martes, 7 de maio, ás 17.30 h na sala de reunións do Concello de Tui, para informar dunha denuncia dun concelleiro da oposición diante da fiscalía.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, comparecerá hoxe martes, 7 de maio, ás 17.30 h na sala de reunións do Concello de Tui, para informar dunha denuncia dun concelleiro da oposición diante da fiscalía.
Dezaoito persoas incorporáronse nas últimas semanas coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro da liña 1 para a conservación e funcionamento bens e servizos Municipais do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
O Concello de Tui formalizará hoxe, 6 de maio, denuncia ante a Policía Xudicial, por unha presunta estafa de suplantación de identidade da que puido ter sido obxecto. Á maior brevidade procederase ao nomeamento de avogado para a defensa dos intereses municipais e para lograr a recuperación do importe presuntamente estafado que ascende a 110.569,52 €.
O próximo martes, 7 de maio, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o novo folleto turístico de Tui “Explora Tui”.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín.
Na mañá de hoxe tivo lugar na casa do concello a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, antigamente Asociación Musicais de Tui, organizadora do IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Asinaron o convenio o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a directora do IKFEM, Andrea González.
Mañá venres, 3 de maio, ás 11.30 h terá lugar a apertura da zona de cero de Paramos, no barrio da Torre, afectada pola explosión do 23 de maio de 2018.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, comparecerá ante os medios de comunicación, xunto ao concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e o arquitecto, Pablo Rivas.
Esta mañá presentouse na casa do concello de Tui o Plan Director de Turismo elaborado pola empresa Valora. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Rodríguez García e Tamara Tilve de Valora, foron os responsables de dar a coñecer o traballo desenvolvido nos últimos meses.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, participou esta mañá no foro de Loxística no Círculo de Empresarios en Vigo onde tratou as “Oportunidades de desenvolvemento industrial-comercial no Concello de Tui”.
En concreto o rexedor tudense repasou na súa intervención o traballo que está a realizar o concello de Tui para aumentar a oferta de chan industrial en condicións de seguridade xurídica.
Mañá venres, 26 de abril, ás 12 h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación do concerto “As Badaladas de San Telmo” que se vai celebrar este domingo dentro da programación das festas de San Telmo.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, manifestou hoxe en rolda de prensa a súa satisfacción a nivel político e persoal logo de que a sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o absolvera dun delito leve de ameazas, do que fóra condenado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución nº3 de Tui tras a denuncia presentada polo técnico do club Kaiak Tudense, Esteban Alonso.
Na súa sentenza a maxistrada estima o recurso presentado polo alcalde de Tui contra a sentenza do xulgado de instrución, absolvéndoo do delito. Contra esta resolución non cabe recurso.