Mañá irá a Comisión Informativa un expediente de créditos por importe de 1,3 millóns de euros
Mañá venres, 22 de marzo, irá a comisión informativa de Facenda habilitar o crédito por importe de 1.350.816,54€ para as expropiacións para a apertura da rúa Ourense en sentido Norte, e para as expropiacións e obras da Senda do Río Miño de Tui a Caldelas. Este importe será con cargo ao remanente de tesourería.





