Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, mantivo nos últimos días un encontro coa presidenta do Circulo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e os membros do Foro de Loxística e Transporte para abrir vías de colaboración para o fomento de chan industrial e a atracción de inversores.
A iluminación de Nadal nas rúas tudenses manterase ata finais deste mes de xaneiro, co obxectivo de apoiar así ao comercio local no período de rebaixas.
Así o vén de decidir o Concello para favorecer a actividade do comercio local.
O Concello de Tui notificou, no día de hoxe ao xulgado a finalización das obras de demolición da totalidade das edificacións que compoñían as instalacións da Pirotecnia en Baldráns dando así cumprimento total, antes do prazo, ao ordenado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra.
Na segunda semana de xaneiro comezarán os traballos de desentullo na zona cero de Paramos afectada pola explosión do pasado 23 de maio. Esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Obras, Antonio Castro, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, o redactor do proxecto de desentullo, Francisco Valle, e o responsable da empresa adxudicataria, Ricardo Abal , visitaron a zona cero para estudar o plantexamento para iniciar a obra.
Convocatoria Sesión 15/2018 Pleno Ordinario do 27 de decembro de 2018
Esta mañá presentouse en rolda de prensa o proxecto reformado de desentullo da zona de Paramos que abranguerá unha superficie de 25 mil metros cadrados e ten un orzamento de 1.091.665,44€.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, expuxo os pormenores do documento xunto ao redactor do proxecto, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, e o concelleiro de seguridade, Antonio Castro.
Mañá venres, 21 de decembro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello comparecerán en rolda de prensa o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o proxectista, Francisco Valle, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, para informar do proxecto reformado para o desentullo da zona cero de Paramos.
O pleno da corporación municipal pronunciarase o 27 deste mes sobre a adxudicación por vía de emerxencia do desentullo da zona cero de Paramos, logo de que un informe do arquitecto municipal encargado da catástrofe considere que si cabe esta vía.
En concreto o arquitecto pronunciase no seu informe sobre a urxencia de acometer determinadas actuacións coma o desentullo total da zona cero, o derrubo de tres segundas plantas de tres edificacións e a consolidación dos muros que dan a viarios públicos por considerar que a situación na que se atopan supoñen un “grave perigo inminente”.