Hoxe comezaron os traballos de demolición da pirotecnia de Baldráns
No día de hoxe comezaron os traballos de demolición das instalacións da Pirotecnia La Gallega en Baldráns, dando así cumprimento a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.
O inicio dos traballos de demolición tiveron que agardar ata o remate do desaloxo do material explosivo, 2.800 quilos, que aínda había no interior das instalacións e que concluíu na fin de semana por parte dos TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil.





