Visitas Guiadas "Coñece Tui co seu alcalde"
“Coñece Tui co seu alcalde” é o título das tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui guiadas polo alcalde e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín. Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente
- Punto de partida: Praza da Inmaculada
- Hora: 20.30h
- Domingo 12: en galego
- Luns 13: en castelán
- Martes 14: en inglés.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.