Cinema no Verán "Coco"
"Coco" é o título do filme que se vai proxectar o venres, 3 de agosto, ás 22.15 h na praza de San Fernando dentro do ciclo Cinema no Verán. Achéganos a un pequeno e alegre pobo mexicano onte vive Miguel, quen quere ser músico, pese a prohibición da súa familia. No Día dos Mortos accidentalmente, xunto co seu can, cambia de dimensión e precisa da bendición dun ser querido para regresar.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.