A Banda de Música Popular de Tui e a Coral San Telmo ofrecen este venres o Concerto de Fin de Ano
Este venres, 29 de decembro, ás 21h celébrase no Teatro Municipal de Tui o concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral San Telmo. Este evento, organizado polo Concello de Tui, terá carácter solidario xa que as entradas cambiaranse por alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.