Contacontos no Día da Biblioteca
Co gallo da celebración o martes, 24 de outubro, do Día da Biblioteca, a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá entre ás 17 h e ás 19.15 h un contacontos a cargo de Chirlomirlo. O Sombreireiro Tolo visita a Biblioteca tudense na busca de Alicia. Das súas máxicas mans irán aparecendo distintos personaxe do conto “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carrol. O espectáculo combinará maxia, a construción dun libro máxico cos asistentes e mesmo dalgúns dos monicreques do conto.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Festival Internacional de Documentais, Play Doc