Música e gastronomía para gozar do eclipse solar no Monte das Penizas en Paramos
Tui preparárase para vivir a eclipse solar da próxima semana cunha actividade gratuíta e aberta á cidadanía. A cita será o próximo mércores, 12 de agosto, dende ás 18.30 h no Monte das Penizas, en Paramos, un punto que reúne as condicións axeitadas para disfrutar deste fenómeno astronómico. O Concello de Tui organiza este evento en colaboración coa Comunidade de Montes de Paramos, a Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.




